26 Jul 2010

ἀφορισμός XII: Silencio

O silencio é atractivo porque se deixa encher coas palabras que queremos escuitar.
O silencio é decepcionante porque ao rompelo vemos que dentro non había nada máis ca inseguridades.

21 Jul 2010

O culeiro

Botamos o verán na aldea, coidando da abuela Josefa, que xa está mui maliña. Non quere comer nin beber nin durmir. Laia, día e noite, e berra nomes descoñecidos que xa non olvidarei nunca máis. Os pequenos durmimos nos cuartos da cuchiqueira, porque son os máis alonxados, e eu soño o mesmo todas as noites. Todas. Soño que esperto a media mañá eu soa na casa grande da aldea. No piso non hai ninguén. Nin a abuela, nin os seus lamentos. Na cociña non hai traza nin do almorzo nin do xantar. Non se escuitan os ruídos das vacas no establo. Dáme algo de medo. Saio á aira e vexo un culeiro negro debaixo da cerdeira. Acércome despaciño. Cando chego á sombra da árbore, vexo que dentro do culeiro hai unha persoa cortada en pedaciños. Son unhes cachos minúsculos, irrecoñecibles, pero eu sei que é papá. Esperto angustiada. Non podo respirar.

20 Jul 2010

The Wire



The Wire é como esas novelazas de mil millóns de páxinas que todo o mundo che recomenda. Parece que dá pereza poñerse, porque son tan longas, esixen tanta concentración e iso de obra mestra bota tanto para atrás... pero, despois, un día calquera, poste. E pouco a pouco, como quen non quere a cousa, vaste metendo na historia. Faiche gracia. É intelixente. Adoras algunhas personaxes. Odias outras. Non sabes por onde lles dá o aire á maioría. Confías nas normas: os bos gañan e os malos perden. É cuestión de paciencia. Ou non. Déixaste sorprender. Ris. Choras. Enfádaste. E, de repente, daste conta de que mil millóns de páxinas non chegan a nada. Daste conta de que as cousas que non esixen concentración tampouco poñen nin quitan. E daste conta, sobre todo, do orfa que vas quedar cando acabes esta fucking obra mestra.

Acabo de papar 60 horas de televisión sen respirar e estou conmocionada. Non sei que hostia vou ver (ou ler) agora. Non vai ser fácil atopar algo que estea á altura.

15 Jul 2010

Outing XIII (bis)

Cousas que alimentan máis ca un bocata de xamón:
-Os petisuis
-A tensión sexual non resolta
-A mala hostia

Outing XIII

O que máis me activa na vida é a mala hostia. Dá algo de medo pensalo, pero é así.

13 Jul 2010

Amor y pedagogía

La razón de ser, en efecto, de la pajarita de papel es su perfección geométrica, perfección a la que todas ellas tienden, aunque no logren alcanzarla jamás. (...) Y aquí se nos presenta una interesantísima y muy sugestiva cuestión. Es, a saber, la de que lo que hace la individualidad de cada pajarita, lo que de las demás pajaritas de su tamaño la distingue es precisamente su imperfección.
___
*“Apuntes para un tratado de cocotología” é unha xoíña que ven como bonus track do Amor y Pedagogía de Miguel de Unamuno (1902, reeditado en 2001 por Alianza Editorial na colección El Libro de Bolsillo).